A semana pasada celebramos Samaín no cole e que mellor que unha pequena ginkana de sustos no Bosque Enmeigado para entreter aos nenos e as pócemas secretas “desperta cerebros” ou “de bicos e abrazos” do Bruxo Despistado




A semana pasada celebramos Samaín no cole e que mellor que unha pequena ginkana de sustos no Bosque Enmeigado para entreter aos nenos e as pócemas secretas “desperta cerebros” ou “de bicos e abrazos” do Bruxo Despistado
O noso Cole cumple este curso o seu 50ª aniversario, e para celebralo a dirección do centro está levando un bonito proxecto para a recopilación de fotografías de alumnos, mestres, ANPAS... para crear unha memoria fotográfica destes 50 anos.
Animádevos a participar, xa sea enviando arquivos ou animando a familiares e veciños a que o fagan.
Estades convidados a participar o vindeiro sábado 16 de outubro á primeira das charlas de igualdade dirixidas para as familias. A idea é acercar ás familias o traballo que durante estes días se está facendo cos nenos no cole, e crear un espazo no que poderedes plantexar o voso punto de vista, dúbidas ou preocupacións.
Para acudir a charla é necesario inscribirse previamente.
Data e hora: 16 de Octubre de 2021. De 10:30 a 13:30
Lugar: Centro Social do Mar de Bueu
Inscrición*: https://forms.gle/rMU4XXE37oP8np1z5
Programa:
AS DIFERENZAS FANNOS ÚNICOS E ÚNICAS.
- Ferramentas para a coeducación e a educación en igualdade.
- A importancia de fomentar a autoestima, o valor individual coas/cós nosas/os fillas e fillos.
ROMPENDO ESTEREOTIPOS E ROLES DE XÉNERO.
- Rachar cos estereotipos e roles de xénero.
- Novas masculinidades e formas “do feminino”.
ENSINA A DECIR NON. Construcción de relacións afectivas sans.
- Rexeitamento de conductas inadmisibles baseadas na dominación – sumisión para a prevención da violencia de xénero.
- Ferramentas de educación para a resolución de conflictos cando xa non son “cousas de nenos/as”.
*IMPORTANTE: Debido á limitación de aforo e coa finalidade de que poidan asistir tódalas familias do centro, inicialmente sólo está permitido a asistencia de 1 membro por familia. No caso de que quedasen plazas dispoñibles poderían asistir máis. (indicalo nunha mesma solicitude)
Hoxe arrancamos coas actividades de igualdade para os nenos e as nenas de primaria.
O longo de toda esta semana e a que ven, os nenos de primaria traballarán os contidos do proxecto a través de xogos, dinámicas, teatralizacións e actividades grupais para espertar a curiosidade e o pensamento crítico sobre a diversidade de persoas, igualdade de xénero, estereotipos, construción de relacións afectivas sans...
Esperamos que lles sea de utilidade e na casa vos vaian contando algunhas cousiñas.
Comenzamos outubro e con el damos inicio ás actividades do noso proxecto de igualdade titulado: "A Torre da igualdade: Construindo coeducación".
Este proxecto subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade de Galicia, está orientado á realización de actividades de difusión, información e formación para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, financiadas en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Con tal fin, realizaranse diferentes actividades para toda a Comunidade educativa, na búsqueda de concienciar da importancia de educar no respecto mutuo, na igualdade, na prevención e no rexeitamento das violencias machistas, e contribuír a eliminar os estereotipos sociais relativos ao rol do home e da muller e para axudar á toma de conciencia sobre a magnitude da violencia por razón de xénero ou diversidade sexual co fin de construír relacións sans.
E sin darnos conta ... xa chegou o último día deste curso 2020-21. Cando comenzou en setembro todo eran dudas, moita preocupación por qué p...