25/11/2021

25N. Día internacional contra violencia de xénero

Hoxe 25 de Novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende Anpa de Cela cremos nunha educación en igualdade como base para que desaparezan as violencias, a importancia duns bos cimentos.

Por iso este ano realizamos diferentes actividades para a nosa comunidade educativa dentro do proxecto A Torre da Igualdade, coa finalidade de contribuir con noso pequeno graniño de area para un futuro mellor.





24/11/2021

ACTIVIDADE PARA INFANTIL: SOMOS IGUAIS

Hoxe realizamos no cole unha actividade dirixida aos nenos e nenas de infantil. Visitounos Raquel Queizás, quen a través dos contos fixo ver ás nenas e os nenos outros modelos cos que identificarse, para que vexan que  SOMOS IGUAIS e que podemos atopar nenas fortes e nenos sensibles.





22/11/2021

ENTREGA DE XOGOS DE MESA COOPERATIVOS PARA FOMENTAR A IGUALDADE

Hoxe fixemos entrega duns xogos cooperativos sobre igualdade que estarán dispoñibles na biblioteca para que os nenos e as nenas se divirtan aprendendo.

O xogo forma parte da educación transversal tan necesaria para superar roles de xénero desfasados. Neste caso escollemos dous xogos de EKILIKUA, creados para facer reflexionar aos nenos sobre diferentes aspectos da igualdade de xénero.

Actividade incluída dentro do proxecto "A Torre da Igualdade: Construíndo Coeducación", proxecto financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia financiadas en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.



12/11/2021

MAGOSTO 2021

Hoxe colaboramos no Cole para levar a cabo o MAGOSTO 2021, asando unhas ricas castañas acompañadas dun boísimo bocata de chourizo.

Queremos agradecer enormemente a Carniceria Enrique que nos regalase os chourizos. ¡Estaban tan bos que houbo quen levou bocata por partida triple!




10/11/2021

CHARLA-COLOQUIO: OS PERIGOS NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

O vindeiro venres 19 de novembro teremos a segunda das charlas dirixidas para as familias que organizamos dentro do proxecto A Torre da Igualdade.

Esta vez o tema principal serán os “Perigos no uso das novas tecnoloxías” no que se tratará de acercar o tema do uso que @s nen@s e a xuventude fan de internet e os posibles riscos que existen (acceso a contidos non axeitados,  grooming, sexting....) e  no que poderedes plantexar o voso punto de vista, dúbidas ou preocupacións.  Esta charla encádrase dentro do marco  do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os sus Entornos, desenvolvidos polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

+ Inscricións: https://forms.gle/pokxn6JQo8hcLE9LA

02/11/2021

Certame fotográfico “UNHA FOTO POLA IGUALDADE”

Durante este mes de novembro serán varias as actividades que se leven a cabo no dentro do marco do noso proxecto “A Torre da Igualdade: construíndo coeducación”, e da que vos iremos informando no seu momento.


Hoxe queremos convidarvos a participar nun certame fotográfico ó que titulamos “Unha foto pola igualdade”,  no que poderedes participar as familias xunto aos vosos fillos enviando unha fotografía que plasme cómo vedes a igualdade en calquera ámbito da vida cotiá, unha imaxe que axude promover e reflexionar sobre todo o que ten que ver coa igualdade. 


Entre tódolos participantes sortearanse uns xogos de mesa coeducativos e na semana do 22 ao 26 de novembro realizarase unha exposición de tódalas fotografías.


Aquí vos deixamos as BASES DO CERTAME.






Menú de Novembro 2021

 


Fin de Curso 2020-21

E sin darnos conta ... xa chegou o último día deste curso 2020-21. Cando comenzou en setembro todo eran dudas, moita preocupación por qué p...