ANPA

¿QUÉ É A ANPA?

A Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilingüe Torre Cela é unha entidade sen ánimo de lucro a que se poden asociar voluntariamente as familias que teñan fillos/as matriculados neste centro educativo.

Ten como finalidade servir de punto de encontro colectivo das nais e pais do alumnado e garantizar a sua participación no concerninte á educación dos nosos fillos. Basease en:

  • Asociación voluntaria das nais e pais ou tutores legais do alumnado do Centro educativo.
  • É unha entidade imprescindible para  participar e reinvindicar de forma colectiva a mellora constante da educación no Centro.
  • Compartimos experiencias, opinións e propostas acerca do proceso educativo que nos afecta directamente.
  • A asociación representa os intereses das familias e dos nosos fillos, e traballa como interlocutor co Centro e o entorno para todos os temas que sean de interés para o colectivo.
  • Representa ás familais no Consello Escolar.


FUNCIONAMENTO

A nosa asociación traballa en:

  • Defender e velar polos intereses educativos dos nosos fillos,
  • Promover a participación das familias,
  • Tramitar subvencións de organismos oficiais,
  • Intentar resolver os problemas que afectan á nosa comunidade educativa, xa sean a nivel educativo ou problemas doutra índole que poidan afectar indirectamente.
  • Colaborar nas actividades do centro (proxectos de mellora, celebracións, festexos ... )
  • Promover servicios de conciliación tan importantes para as familias como son o:
- Plan de Madrugadores: Servicio de acollida temprana de 7.30-9.30*
- Comedor Escolar: Servicio de comedor de 14.30-16.00*
- Actividades Extraescolares: Plan de actividades en horario de tarde

E todo isto sacando un oco do noso tempo personal/familiar e coa axuda económica de tódolos socios a través das aportacións económicas que se fan coa cota de socio.

* Horarios para o curso 2020/21


XUNTA DIRECTIVA

É o organo que coordina o funcionamento da Asociación por delegación da Asamblea de Socios. Algunha as suas funcións son: Organizar os distintos servicios que presta a ANPA,  programar actividades, executar acordos, xestionar a parte económica...

Durante o curso 2022/23 está composta por:

Presidenta: Eva Rosales Loveira. (Nai de Sara 5º infantil) 

Vicepresidenta: Elena Maneiro Rivas. (Nai de Xonxa 6º infantil)

Secretaria: Miriam Souto Carracelas. (Nai de Modes 1º primaria)

Tesoureiro: Carolina García Díaz. (Nai de Martín 6º infantil e Pablo 5º infantil)

Vogal 1: Noelia Coya Riobó

Vogal 2: Irene Lopez Caballero.

Vogal 3: Alba Freire Bastón. (Nai de Mía 4º infantil)

          Vogal 4: Débora Pena Parada. (Nai de André 4º infantil)

          Vogal 5: Laura Paredes Álvarez. (Nai de Xela 2º primaria e Inés 6º infantil)

          Vogal 6: Celsa López Loira (Nai de Ana 5º infantil)

 

COMO INFORMAROS DA NOSA ACTIVIDADE

1. A través da nosa páxina de facebook: https://www.facebook.com/anpadecela

2. A través das notas informativas enviadas a través do Cole.

3. A través dos avisos do noso grupo de Whatsapp.

4. Solicitando información a través dalgún dos membros da directiva ou escribindo ao noso correo electrónico: anpaceiptorrecela@gmail.com  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fin de Curso 2020-21

E sin darnos conta ... xa chegou o último día deste curso 2020-21. Cando comenzou en setembro todo eran dudas, moita preocupación por qué p...