22/06/2021

Fin de Curso 2020-21

E sin darnos conta ... xa chegou o último día deste curso 2020-21.

Cando comenzou en setembro todo eran dudas, moita preocupación por qué pasaría, pero tamén moita ilusión nos nenos por reencontrarse cos compañeiros, por volver poder a compartir xogos e historias despois do confinamento e un vran 'diferente'.

Os nenos tiveron que adaptarse as mascarillas, grupos burbulla, gel e máis gel... a non poder xogar cos nenos de outras clases... Pero foronse adaptando a todo o que se lles propoñía, e por iso dende a ANPA queremos dar o noso recoñecemento a todo o alumnado por superar con nota este curso tan complicado.


Pola nosa parte tamén agradecer ao equipo docente e auxiliar do CEIP Torre Cela por facilitarlles a adaptación, e conseguir o obxectivo que se propuxeron a principio de curso: "que os nenos foran felices".

Agradecer tamén a Charo por coidar dos peques no madruga e no comedor, axudando a manter as normas e entreténdoos o mellor posible.

E por último como ANPA dicir que ainda que neste curso non se puido facer todo o que nos gustaría, algo foise facendo, e esperamos que os nenos o disfrutasen. Agradecer tamén a axuda dalguns papis e mamis colaboradoras que nos botaron unha man cando o necesitamos (e este ano ata nos tivemos que limitar en pedir colaboracións por tódalas restriccións).

Esperamos que o curso que vén poidamos vernos máis as caras, dar a benvida as novas familias de maneira presencial e volver a unha 'certa normalidade'.

Toca cargar pilas, agora é tempo de vacacións, de descanso e diversión, de xogar de ir a praia e de estar coa familia.

¡VÉMONOS O CURSO QUE VEN!

Fin de Curso 2020-21

E sin darnos conta ... xa chegou o último día deste curso 2020-21. Cando comenzou en setembro todo eran dudas, moita preocupación por qué p...