Actividades ANPA

Dende a ANPA participamos e organizamos diferentes actividades para que as familias poidan conciliar a vida escolar e laboral,  e sobre todo que os nenos o pasen moi ben.

Aquí vos deixamos unha pequena lista dos servicios que xestionamos:

Plan Madruga

Servicio de acollida temperá dos nenos antes da apertura das portas do centro. Trátase dun servicio de coidado e, para aqueles que o soliciten de desaiuno. Horario de 7.30 - 9.30

Comedor Escolar

Servicio de comedor de 14.30 a 16.30.

Festexos

Participamos activamente nos festivales organizados polo Cole, sobre todo en Nadal, coa organización da visita dalgún dos grandes personaxes máxicos do nadal, comprando un pequeno agasallo para os nenos,  preparando o cotillón e "uvas" de fin de ano...

Tamén nas actividades mais festivas que teñen os nenos no centro: o Magosto, Samaín, Entroido, festa de Fin de Curso para nenos e familias...

Excursión de fin de Curso

Colaboramos na organización de actividades para a recadación de fondos para a excursiónd e fin de curso dos nenos de 6º.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fin de Curso 2020-21

E sin darnos conta ... xa chegou o último día deste curso 2020-21. Cando comenzou en setembro todo eran dudas, moita preocupación por qué p...