04/10/2019

Presentación da nova xunta directiva da ANpa. Curso 2019/20

Carta de presentación

Estimadas familias,

O pasado 30 de setembro quedou constituída a nova Xunta Directiva da ANPA, quedando formada por 8 membros voluntarios, entre os que contamos con 2 persoas da xunta anterior, quenes aportarán a súa experiencia  para encamiñar os nosos pasos.

Primeiramente gustaríanos saudar a todas a familias e invitarvos a participar nas actividades e proxectos que vamos a realizar durante este curso.

Somos un pequeno grupo de nais e pais que voluntaria e desinteresadamente presentámonos para aportar o noso graniño de area, conscientes da importancia da ANPA para mellora xeral da comunidade educativa. Entramos con moitas ganas, con ideas e proxectos, ainda que sabemos que vai ser complicado polas limitacións que poidamos ter (sobre todo económicas e de tempo) pero que intentaremos compensar coas ganas de traballar, a ilusión e o empeño que poremos desde esta nova directiva.

Integrantes da nova Xunta directiva:

𝗣𝗿𝗲𝘀𝗶𝗱𝗲𝗻𝘁𝗮: Eva Reiriz (nai de Cesáreo 4º primaria)

𝗩𝗶𝗰𝗲𝗽𝗿𝗲𝘀𝗶𝗱𝗲𝗻𝘁𝗲: Ramón “Valero” (pai de Martin 2ºprimaria)

𝗦𝗲𝗰𝗿𝗲𝘁𝗮𝗿𝗶𝗮: Leticia Poceiro (nai de Alba 5º infantil)

𝗧𝗲𝘀𝗼𝘂𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮: Andrea Rial (nai de Helga 4º primaria)

𝗩𝗼𝗴𝗮𝗶𝘀:

Inés Freire (nai de Aixa 6º Infantil)

Lorena Rey (nai de Sara 6º Infantil)

Tania Fortes (nai de Sofía 6º Infantil)

Fernando Fernández (pai de Fernando 2º primaria)

Dende esta nova Directiva poñémonos a vosa disposición para tódalas dudas e necesidades que vaian xurdindo. Tamén nos gustaría coñecer as vosas inquietudes, expectativas e suxestións para poder dirixir mellor os nosos esforzos e entender que é o que demandan as familias do noso Centro, polo que vos animamos a participar activamente como membros da ANPA, participando nas asambleas e a través das diferentes canles a vosa disposición (email, buzón na porta do cole, Facebook…), coa finalidade de obter os mellores resultados.

Aproveitamos tamén para saudar o Equipo Directivo e docente do Centro e para ofrecerlles a nosa colaboración no que necesiten e boamente poidamos axudar.

Por último, queremos agradecer a directiva anterior todo o traballo, esforzo e tempo que dedicaron, e animalos a seguir participando ao igual que a tódalas familias, sempre na medida en que as vosas posibilidades volo permitan (tempo, habilidades…) xa que por mínima que sexa a axuda, sempre será ben recibida e moi agradecida, sobre todo polos nenos do noso Cole.

Un saúdo.

Fin de Curso 2020-21

E sin darnos conta ... xa chegou o último día deste curso 2020-21. Cando comenzou en setembro todo eran dudas, moita preocupación por qué p...