Faite Socio

Cómo facerse socio

Para facerte socio da ANPA é necesario:

Paso 1: Descargar e imprimir a ficha de inscrición: Cumplimentar e firmar o documento sin olvidar marcar a opción deseada nos permisos de comunicación e imaxe.


Paso 2: Abonar a cota de inscrición: Facer o pago da cuota de socio anual de 15€ en forma de pagamento único para todo o curso e por unidade familiar, independentemente do número de fill@s que teñades no centro. O ingreso farase na conta que a ANPA ten no BANCO SANTANDER, indicando claramente o nome e apelidos do alumno/a.

CONTA Nº: ES40 0238-8278-96-0602657524

CONCEPTO: COTA + NOMBRE e APELIDOS do ALUMNO

Paso 3. Entregar a ficha de inscrición: Enviar por email (anpaceiptorrecela@gmail.com), introducir no buzón da ANPA ou ben facendo entrega no cole.

O plazo para inscribirse como socio é ata o 20 de outubro.


¿Por qué facerse socio?

Partindo de que facerse socio da ANPA é voluntario, cremos que é importante inscribirse coma socio porque:

  • É unha oportunidade para participar e ter voz, para aportar suxerencias e queixas na búsqueda de mellorar a calidade da educación no noso cole.
  • Porque un movemento de nais e pais unidos, fai que as suas iniciativas e opinións sexan máis respectadas  polas administracións públicas, polo profesorado ou pola sociedade.
  • A ANPA traballa como  intermediaria entre a escola e as familias, canalizando as suxerencias, dudas, peticións de información, queixas... xa sean relacionadas cos servicios xestionados pola propia ANPA como as que se queiran transmitir ná dirección do Centro.
  • Ofrece ás familias a posibilidade de aportar novas ideas axudar a crear proxectos ou actividades que consideren necesarios ou de interés para os nenos, ou frenar aqueles non que non estén dacordo.
  • A ANPA representa aos socios no Consello Escolar, transmitindo as súas inquedanzas e informando aos socios do que alí se trata.
  • Mediante o noso exemplo, ensinaremos aos nenos valores como a colaboración, a solidariedade e a importancia de loitar polo dereitos dun mesmo e dos demais. Ademáis de transmitirlle o noso interés por participar e implicarnos nas súas actividades.
  • Coa aportación económica de cada unha das familias podemos facer moitas actividades no cole.

Vantaxes de facerse socio

  • Actividades e servizos ofertados pola ANPA teñen bonificación para os socios da ANPA. Os restantes usuarios deberán abonar o custo por gastos de xestión.
  • Acceso a descontos nos establecementos colaboradores da ANPA.


¡ANÍMATE e COLABORA!
A ANPA é cousa de TOD@S

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fin de Curso 2020-21

E sin darnos conta ... xa chegou o último día deste curso 2020-21. Cando comenzou en setembro todo eran dudas, moita preocupación por qué p...