Plan Madruga e Comedor

Dende o ano 2013 a ANPA CEIP Torre Cela xestiona o funcionamento do Comedor e do Plan madruga no colexio, servizos que pensamos son básicos para permitir a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais. Este servicio préstase coa colaboración do Concello de Bueu.

O servicio de Plan Madruga e de Comedor escolar estará prestado pola empresa GRUPO GALLEGO CATERING ARELAS, S.L. coma en cursos anteriores.

Información de contacto CATERING ARELAS:


Teléfonos do Catering ARELAS: 

 986 408 151 -  655 299 847

 Correo electrónico:  calidad@arelas.es 


Tipo de Usuarios:

  • Fixos: Son aqueles que fan uso do servicio tódolos días.

  • Fixos discontinuos: Aqueles que ainda non usando tódolos días teñen un calendario fixo (exemplo: todos os lunes e xoves)

  • Esporádicos: aqueles que fan uso do comedor por días soltos.


Instruccións de ALTA:

Para darse de alta no comedor distinguiremos en:

  • Usuarios Novos: Aqueles alumnos novos ou que nunca fixeran uso do comedor ou madruga en cursos anteriores deberán:

    • Cubrir a Solicitude Alta

    • Informar sobre as alerxias ou intolerancias alimentarias do usuario achegando o correspondente Certificado Médico.

    • Este curso deberá entregarse a documentación (Solicitude de alta e Certificado Médico se fose necesario) preferentemente escaneada ao email: calidad@arelas.es e con copia a anpaceiptorrecela@gmail.com

  • Usuarios en cursos anteriores: Os alumnos que xa fixeran uso do plan madruga ou do servicio de comedor en cursos anteriores, simplemente terán que darse de alta chamando aos teléfonos de contacto do Catering (986 408 151 -  655 299 847) ou enviando email a calidad@arelas.es. Importante: se houbese algunha modificación nos datos respecto o ano pasado deberán actualizalos sin olvidar alerxias e intolerancias que puidesen aparecer dende o curso pasado.

  • Todos os usuarios Novos ou antigos deberán cubrir a Autorización para a recollida de menores e entregalo a través do  email anpaceiptorrecela@gmail.com.

 

Instruccións de uso diario (unha vez que o nenos está dado de alta como usuario):

  1. Para comunicar unha acceso puntual ou unha falta de asistencia (que un neno/a vaia comer ou deixe de ir cando xa tivera o menú solicitado), así como para os avisos esporádicos,   debe avisarse con 24 horas de antelación, é dicir antes das 17:00 h do día anterior, chamando ao teléfono de "Arelas" 986 408 151. De non ser así, non se poderá garantizar que o alumno teña servicio e cobrarase igualmente o menú.

  2. É tamén necesario, avisar aos profesores do centro para organizar a recollida dos nenos polas coidadoras, a través das axendas se a tiveran ou do teléfono do colexio é 886 151 111.

  3. No caso de que vaia algunha persona a recoller ao neno á saída do comedor que non sea das autorizadas ao inicio do curso, deberá entregarse con antelación (ou o mesmo día) a Autorización de recollida no comedor.


Outros documentos de interés:

  • Protocolo COVID do Plan Madruga e Comedor
  • Guía de funcionamento do comedor

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fin de Curso 2020-21

E sin darnos conta ... xa chegou o último día deste curso 2020-21. Cando comenzou en setembro todo eran dudas, moita preocupación por qué p...