Durante este mes de novembro serán varias as actividades que se leven a cabo no dentro do marco do noso proxecto “A Torre da Igualdade: construíndo coeducación”, e da que vos iremos informando no seu momento.
Hoxe queremos convidarvos a participar nun certame fotográfico ó que titulamos “Unha foto pola igualdade”, no que poderedes participar as familias xunto aos vosos fillos enviando unha fotografía que plasme cómo vedes a igualdade en calquera ámbito da vida cotiá, unha imaxe que axude promover e reflexionar sobre todo o que ten que ver coa igualdade.
Entre tódolos participantes sortearanse uns xogos de mesa coeducativos e na semana do 22 ao 26 de novembro realizarase unha exposición de tódalas fotografías.
Aquí vos deixamos as BASES DO CERTAME.
Ningún comentario:
Publicar un comentario