04/10/2021

Charla-Faladoiro para familias sobre Igualdade: A Suma de todos e todas.

Estades convidados a participar o vindeiro sábado 16 de outubro á primeira das charlas de igualdade dirixidas para as familias. A idea é acercar ás familias o traballo que durante estes días se está facendo cos nenos no cole, e crear un espazo no que poderedes plantexar o voso punto de vista, dúbidas ou preocupacións. 


Para acudir a charla é necesario inscribirse previamente.



  1. AS DIFERENZAS FANNOS ÚNICOS E ÚNICAS.

- Ferramentas para a coeducación e a educación en igualdade.

- A importancia de fomentar a autoestima, o valor individual coas/cós nosas/os fillas  e fillos. 


  1. ROMPENDO ESTEREOTIPOS E ROLES DE XÉNERO.

 - Rachar cos estereotipos e roles de xénero.

 - Novas masculinidades e formas “do feminino”. 


  1. ENSINA A DECIR NON. Construcción de relacións afectivas sans.

 - Rexeitamento de conductas inadmisibles baseadas na dominación – sumisión para  a prevención da  violencia de xénero. 

  - Ferramentas de educación para a resolución de conflictos cando xa non son  “cousas de nenos/as”.



*IMPORTANTE: Debido á limitación de aforo e coa finalidade de que poidan asistir tódalas familias do centro, inicialmente sólo está permitido a asistencia de  1 membro por familia. No caso de que quedasen plazas dispoñibles poderían asistir máis. (indicalo nunha mesma solicitude)






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fin de Curso 2020-21

E sin darnos conta ... xa chegou o último día deste curso 2020-21. Cando comenzou en setembro todo eran dudas, moita preocupación por qué p...