01/10/2021

A Torre da igualdade: Construindo coeducación

Comenzamos outubro e con el damos inicio ás actividades do noso proxecto de igualdade titulado: "A Torre da igualdade: Construindo coeducación". 

Este proxecto subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade de Galicia,  está orientado  á realización de actividades de difusión, información e formación para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, financiadas en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Con tal fin, realizaranse diferentes actividades para toda a Comunidade educativa, na búsqueda de concienciar da importancia de educar no respecto mutuo, na igualdade, na prevención e no rexeitamento das violencias machistas, e contribuír a eliminar os estereotipos sociais relativos ao rol do home e da muller e para axudar á toma de conciencia sobre a magnitude da violencia por razón de xénero ou diversidade sexual co fin de construír relacións sans.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fin de Curso 2020-21

E sin darnos conta ... xa chegou o último día deste curso 2020-21. Cando comenzou en setembro todo eran dudas, moita preocupación por qué p...